ASPAMITE                                              

Asociación de pais de persoas con discapacidade de TEO

FISIOTERAPIA

Realízase todos os venres do ano, excepto periodos de vacacións, para os dous centros. A metodoloxía será grupal, tendo un grupo para os usuarios do Centro de Día e dous para os usuarios do Centro Ocupacional.

 

OBXECTIVOS

  • Mellorar o tono e o control postural.
  • Promover a lateralidade, a orientación espacial e temporal.
  • Estimular as reaccións de endereitamento e equilibrio.
  • Adquirir unha adecuada cordinación oculomanual e oculopedica.

 

CONTIDOS

CONTIDOS
APLICACIÓNS
  • Control tónico-postural
  • Control respiratorio
  • Equilibración
  • Lateralización
  • Cordinación dinámica
  • Disociación motriz
  • Esquema/imaxe corporal
  • Cordinación visomotriz
  • Orientación espacial
  • Estruturación temporal
  • Execución motriz (praxias)

  • Diagnóstico psicomotor
  • Observación psicomotriz
  • Educación psicomotriz
  • Reeducación psicomotriz Terapia psicomotriz
  • Relaxación
  • Grafomotricidade
  • Estimulación temperá
  • Xogo
  • Xerontomotricidade

 

 

AVALIACIÓN 

· Realizarase unha valoración inicial tendo en conta as características físicas e sensitivas de cada un dos usuarios.

· Contaremos cun resumo de valoración inicial que permita identificar as principais carencias dos usuarios.

·  Realizaranse seguementos periódicos segundo as necesidades.

 

 

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fútbol Sala

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                   Atletismo 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Natación

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                       Pesca

 

O deporte representa unha importancia real no desenrolo persoal e social das persoas con discapacidade que o practican. O deporte axúdalles a abstraerse das barreiras que a súa discapacidade lles pon cada día fortalecendo a súa afectividade, emotividade e a súa cognición. Ademais crea un campo adecuado e sinxelo para a auto superación das personas afectadas por discapacidade intelectual, establecendo obxectivos a alcanzar día a día.

O que se pretende é crear un hábito de deporte entendido de forma recreativa e de benestar para as persoas afectadas por discapacidade intelectual e de relación con outras asociacións, participando en campionatos para personas con discapacidade ao mesmo tempo que traballamos a psicomotricidade destas persoas mediante entrenamentos semanais.

Actualmente a Asociación realiza as seguintes actividades deportivas: Fútbol sala, atletismo, natación e pesca.

Os usuarios que asisten ás actividades deportivas de fútbol sala e atletismo, compiten cos usuarios doutras asociacións de persoas afectadas por discapacidades e na xornada de pesca conviven durante un día con outros usuarios de centros de atención a persoas con discapacidade que se organizan todos os anos.  

 

 

LOGOPEDIA

As persoas con discapacidade teñen, na maior parte dos casos, alteradas as funcións da linguaxe. Na nosa asociación temos persoas con carencias tan importantes, que esas dificultades de expresión e de comprensión fan case imposible a súa inserción social. Por este motivo, creamos un gabinete de logopedia que intentará correxir a patoloxía que presente cada persoa e, incluso, nalgúns casos instaurar unha linguaxe alternativa para que poidan expresar as súas necesidades máis básicas. 

Está destinado aos usuarios do Centro de Día e do Centro Ocupacional que soliciten o servizo e realízase todos os mércores do ano, excepto periodos de vacacións. 

O obxectivo que pretendemos acadar é que as persoas afectadas por discapacidades intelectuais, melloren a capacidade de linguaxe expresivo e comprensivo para conseguir unha maior integración social. 

 

CONTIDOS

Corrección de dislalias, reeducación de disartrias, afasias e casos de tartamudez.

Implantación dunha linguaxe alternativa.

Construcción de frases e ampliación de vocabulario a nivel comprensivo e expresivo, tanto na linguaxe oral como na esrita. 

 

 

FUNCIÓNS DA LOGOPEDA 

- Mellorar a comprensión e a expresión da linguaxe oral e escrita.

- Promover e desenrolar as habilidades comunicativas: atención, predisposición, razoamento, aproveitamento das aprendizaxes adquiridas.

- Potenciar o uso funcional da fala.

- Desenvolver exercicios para fortalecer os músculos da lingua, mandíbula  a cara.

- Manter contacto cos membros da familia e instruilos sobre como tratar á persona durante o tratamento.

- Seguir moi de preto a evolución de cada usuario e modificar o proceso no caso de que non progrese.

- Correxir dislalias

- Reeducar disartrias, afasias e tartamudez.

- Implantar unha linguaxe alternativa, nos casos que sexa preciso.

- Construcción de frases e ampliación de vocabulario a nivel comprensivo e expresivo, tanto na linguaxe oral como na linguaxe escrita.

 

 

TERAPIA OCUPACIONAL