ASPAMITE                                              

Asociación de pais de persoas con discapacidade de TEO

CENTRO OCUPACIONAL

O Centro Ocupacional Aspamite créase no ano 2009 para dar resposta a 15 persoas con necesidades de apoio límite e intermitente.


 Este servizo constitúe un recurso social fundamental para a atención de todas aquelas persoas con posibilidades de desenvolver as súas capacidades en áreas formativo-laborais e/ou ocupacionais, favorecendo así a calidade de vida dos seus usuarios e a súa inclusión social. 

 

HORARIO

O horario do centro é de 12:00 a 19.30 horas e o calendario previsto ocupa 11 meses laborais ao ano e un mes de vacacións, agosto.

 

PERSOAL

O persoal estructúrase da seguinte maneira:

Persoal interno:

          - Unha psicóloga

          - Unha profesora

          - Unha terapeuta ocupacional

          - Unha coidadora para o autobús 

          - Unha administrativa

 Persoal de apoio ou externo:

          - Unha fisioterapeuta

          - Unha logopeda

          - Unha monitora de educación física

          - Unha entrenadora de fútbol

          - Unha monitora de informática

          - Un servizo de cátering

          - Un servizo de transporte

          - Un servizo de limpeza

 

CONDICIÓNS PARA SER USUARIOS DO CENTRO OCUPACIONAL 

- Homes e mulleres, con discapacidade e necesidades de apoio límite e intermitente.

- Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 59 anos.

- Estar empadroado nalgún Concello de Galicia, ao menos durante un ano completo inmediatamente anterior ao ingreso no centro.

- Ter recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% polos Equipos de Valoración e Orientación, sen necesidade de axuda de terceira persoa.

 

ACTIVIDADES NO CENTRO OCUPACIONAL

1. Cestería

2. Manexo de euro e prácticas en supermercados

3. Adquisición de destrezas para a vida diaria

4. Habilidades socio-emocionais e comunicativas 

5. Habilidades cognitivas

6. Confección de alfombras 

7. Habilidades do fogar 

8. Teatro

9. Actividades de educación física e psicomotricidade 

10. Habilidades académico-funcionais (pre-lectura, lectura, pre-escritura, escritura, pre-cálculo, cálculo) 

11. Educación laboral (realización de curriculums, cartas de presentación, simulación de entrevistas,...) 

12. Encadernación de libros 

13. Fisioterapia

14. Actividades de ocio e tempo libre:

          - Excursións

          - Festas de convivencia no Nadal, Entroido e fin de curso

          - Saídas a lugares e espectáculos públicos 

           - Uso do transporte público 

15. Actividades complementarias:

          - Terapia Ocupacional

           - Logopedia

           - Ensartado

           - Xardinería

          - Cociña

           - Informática

           - Natación

           - Entremento de fútbol 

16. Outras actividades:

          - Competicións deportivas

          - Xornadas artístico-culturais

          - Acto de entrega de premios do concurso de contos