ASPAMITE                                              

Asociación de pais de persoas con discapacidade de TEO

  

CENTRO DE DÍA  

O Centro de Día Aspamite créase no ano 2009 para dar resposta a 10 persoas con discapacidade e con necesidades de apoio extenso e xeneralizado, en situación de dependencia.  


 Este servizo constitúe un recurso social necesario, onde o principal obxectivo que se persegue é facilitar unha atención habilitadora integral, mediante a posta en práctica de programas nos ámbitos persoal e social e así desenvolver o máximo posible as capacidades individuais dos usuarios/as, co fin de conseguir un axuste persoal e social axeitado que os leve a unha plena integración e  normalización das súas condicións de vida.

 

HORARIO

O horario do centro é de 12:00 a 19.30 horas e o calendario previsto ocupa 11 meses laborais ao ano e un mes de vacacións, agosto.

 

PERSOAL

O persoal estructúrase da seguinte maneira:

Persoal interno:

          - Unha psicóloga

          - Unha profesora

          - Unha terapeuta ocupacional

          - Unha coidadora

          - Unha coidadora para o autobús 

          - Unha administrativa

 Persoal de apoio ou externo:

          - Unha fisioterapeuta

          - Unha logopeda

          - Unha monitora de educación física

          - Unha entrenadora de fútbol

          - Unha monitora de informática

          - Un servizo de cátering

          - Un servizo de transporte

          - Un servizo de limpeza

 

CONDICIÓNS PARA SER USUARIOS DO CENTRO DE DÍA

- Homes e mulleres, con discapacidade e necesidades de apoio extenso e xeneralizado, e/ou en situación de dependencia.

- Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 59 anos.

- Estar empadroado nalgún Concello de Galicia, ao menos durante un ano completo inmediatamente anterior ao ingreso no centro.

- Ter recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 75% polos Equipos de Valoración e Orientación, con necesidade de axuda de terceira persoa.

 

ACTIVIDADES NO CENTRO DE DÍA 

1. Percepción e orientación temporal e espacial.

2. Habilidades Académico-Funcionais (pre-lectura, lectura, pre-escritura, escritura, pre-cálculo e cálculo).

3. Adquisición de habilidades e destrezas para a vida diaria

4. Expresión plástica

5. Habilidades cognitivas

6. Educación física e psicomotricidade.

7. Habilidades comunicativas e linguaxe

8. Modificación de conduta

9. Estimulación multisensorial

10. Fisioterapia

11. Desenvolvemento das habilidades sociais e emocionais

12. Cestería

13. Confección de alfombras

14. Actividades de ocio e tempo libre:

          - Excursións

          - Festas de convivencia no Nadal, Entroido e fin de curso

          - Concursos de disfraces

           - Baile moderno

15. Actividades complementarias:

          - Terapia Ocupacional

           - Logopedia

           - Ensartado

           - Xardinería

           - Educación musical

           - Cociña

           - Informática

           - Iniciación ao teatro

           - Natación

16. Outras actividades:

          - Competicións deportivas

          - Xornadas artístico-culturais

          - Acto de entrega de premios do concurso de contos